28/01/2015

Luismi e Daniel poñen rumbo a Plasencia coa Irmandiña Cadete

Luismi e Daniel poñen rumbo a Plasencia coa Irmandiña Cadete

Os xogadores do Burela FS Pescados Rubén Luismi Nieto e Daniel Bertolo defenderán a Galicia Cadete na fase previa do Campionato de España de Seleccións Territoriais, que se disputará esta fin de semana en Plasencia. Os xogadores laranxas realizarán hoxe, ás 18.15 horas, o último adestramento no pavillón compostelán de Roxos antes de poñer rumbo a terras estremeñas.
Xunto aos mariñáns compoñen a expedición Xabier Fernández, do Santiago Futsal; Miguel Fernández, do Troula FS; Javier Baños e Iago Macía, do Verín FS; Cley Nogueira, da Fundación Azkar; Martín Leal, do Bueu FS; Adrián Campello, Francisco Fernández e Marcos Cruz, do Guitiriz; e Diego Balboa, do 5Coruña FS. Na preparación do combinado galego tamén participou o meta laranxa Noé Cabana, que se lesionou hai un par de semanas durante un adestramento da base burelista.
A Selección Irmandiña medirase ao País Vasco o sábado 31 (12.00 horas) e á anfitrioa, Estremadura o domingo 1 (12.00 horas)



Galicia Sub-21. A laranxa Paula Cortiñas continúa a súa preparación coa selección tras a clasificación para a fase final. Despois da sesión de onte, xa ten previsto un novo adestramento o vindeiro martes.



Galicia Infantil. O burelista Aarón Artime foi reclamado para un novo adestramento da categoría infantil; será este venres, ás 18.45 horas, en Curtis.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.