16/01/2015

Obxectivo: os tres primeiros puntos de 2015

O Burela FS Pescados Rubén espera a 18ª xornada de Primeira División LNFS co obxectivo de sumar os tres primeiros puntos da segunda volta e de 2015. Logo de visitar a Inter Movistar (5-0) e poñer contra as cordas ao FC Barcelona (2-3), o eq
Obxectivo: os tres primeiros puntos de 2015
No partido de ida, os levantinistas sumaron os tres puntos, con resultado de 5-3. “Aquel día estabamos moi mermados” recordaba Juanlu a cita na que non puido dispoñer nin de Chano, por lesión, nin de Mata, por sanción, ademais de de sufrir as retiradas de Miguel e Edu, por lesión. Aínda que o técnico mariñao tamén admite a complexidade do Levante para o xogo laranxa: “É un rival que nos incomoda; defende ben e sabe competir. Cometen poucos erros e conceden pouco ao rival” advertía Juanlu.

O adestrador laranxa tamén falou de Ossorio, última incorporación do Levante: “É un xogador de moitísimo talento; leva varias tempadas sen xogar en Primeira, pero si está ao cento por cento ten unha gran capacidade para desequilibrar”.

Juanlu recupera a Jorge Bellvert para mañá, tralas precaucións tomadas ante Barcelona por certas molestias no pé que o mantivo apartado das pistas desde novembro ata comezos de 2015, en casa de Inter; logo de tres meses sen competir por unha contusión ósea, Miguel tamén regresa á convocatoria. Non estarán os canteirans Hélder e Renato, que defenden este fin de semana a Galicia no Campionato de España de Seleccións Territoriais en Barcelona aínda que sí estará o canteirán Rubén que estrea convocatoria co primeiro equipo. Nas filas levantinas, a única ausencia será a de Carlitos, por lesión; incorporan a Rafa Ara, do filial.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.