16/01/2015

Ordizia, último desprazamento da primeira volta para as laranxas

Ordizia, último desprazamento da primeira volta para as laranxas

O Burela FS Pescados Rubén realizará mañá o seu último desprazamento da primeira volta, na penúltima xornada antes de chegar ao ecuador. Ordizia será o destino das pupilas de Quico Otero, que saltarán á pista do Majori Kiroldegia ás 18.45 horas, en busca de tres novos puntos que garantan a súa permanencia unha semana máis no podio.



Tras a sesión de recuperación activa de onte, logo da clasificación para a final da Copa Galicia ante Cidade das Burgas, as xogadoras laranxas realizarán esta tarde o último adestramento da semana. “Despois do desgaste de Copa a ver como chegamos fisicamente” cuestionaba Quico Otero. “Son tres puntos moi importantes para continuar con opcións de todo”, puntualizaba, destacando “a intensidade defensiva” como a grande arma a bater das vascas. “É un equipo moi agresivo na casa, ao que seguramente nos custará romper pola súa defensa atrasada”.



Quico Otero non poderá contar con Patri, sometida hoxe a unha intervención de xeonllo, nin probablemente con Paula, que aínda non se recuperou totalmente da escordadura de nocello coa que regresou da convocatoria con Galicia Sub-21.



Convocatoria Burela Pescados Rubén: 1. Jozi, 3. Cristina, 5. Claudia, 7. Peque, 9. Gaby, 10. Lara, 11. Kiko, 17. Maite, 14. Bea Mateos, 18. Shiori, 19. Paula (dúbida), 20. Tainã.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.