08/01/2015

O Calendario Laranxa volve en 2015

O Calendario Laranxa volve en 2015

O Calendario Laranxa volve en 2015 para buscar un pequeno oco para o fútbol sala nos fogares da Mariña. Como xa é tradición, o almanaque do CD Burela FS Pescados Rubén incorpora a axenda ligueira dos equipos sénior, de Primeira División LNFS e RFEF, ata finais de 2014-15, ademais dun póster central con representación de todos os equipos da Familia Laranxa. Este ano a portada e a contraportada están dedicadas aos máis pequenos entre as xoias laranxas, a categoría prebenxamín.



Xogadoras, xogadores e corpos técnicos burelistas de Primeira División amosan ao longo dos meses, en curiosas e divertidas instantáneas, a Kessarys Joyeros, restaurante Mis en Plas, Concello de Burela, Alain Afflelou Óptico, cafetería Vista Alegre, 3A Consultores, Frenos Carpe, Pescados Rubén SL, confitería La Alianza, Living Sport Foz, Hotel Galatea e Alba Vila Centro de Dietética e Nutrición.



O calendario estará dispoñible (prezo, 3 euros) nas oficinas do club (avenida Arcadio Pardiñas, número 91) e no pavillón Vista Alegre, coincidindo cos partidos laranxas sénior, ademais das librerías burelás Atril, Kiosco de Alicia e Espacio Lector Nobel e na empresa colaboradora Alba Vila.



O CD Burela FS Pescados Rubén quere amosar o seu agradecemento aos establecementos, empresas e Concello colaboradores na realización do Calendario Laranxa 2015, con fotografía de Marián García Mesa e impresión de Gráficas Arfe.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.