22/11/2014

Goleada laranxa no derbi galego e oitava vitoria consecutiva

O Burela Pescados Rubén suma a súa oitava vitoria consecutiva tras impoñerse con claridade (5-0) no derbi galego ante o Ourense Enviália que tivo que claudicar ante a superioridade laranxa. O triunfo local levou a firma de Peque que cun hat
Goleada laranxa no derbi galego e oitava vitoria consecutiva
O inicio do encontro vaticinou o resultado final xa que a escuadra mariñá saíu moi enchufada ao partido sometendo a un Ourense que tiña que conformar con defenderse e buscar algún contragolpe. No minuto seis chegou recompensa local, Peque abriu o marcador cun bo disparo. Acto seguido as ourensás gozaron da súa mellor ocasión pero Patri evitou o empate gañando a partida a Sara Moreno no man a man. Tras uns minutos de igualdade coas visitantes exercendo mellor a presión, as burelesas comezaron a sumar méritos para aumentar a renda. Claudia desaproveitou unha asistencia de Maite e Shio enviou o balón ao pau pero na seguinte oportunidade a nipona non perdoou. Maite roubou o esférico en zona alta e tras gañar a liña de fondo asistiu a Shio que marcou o 2-0, minuto 17. No tramo final as laranxas desarbolaron ao Ourense Enviália e finalmente Tainã rendibilizou as ocasións creadas para encamiñar a vitoria co 3-0. Con este marcador chegouse ao descanso e na continuación as ourensás apostaron desde o inicio polo xogo de cinco. A súa lentitude e imprecisión na circulación sumado á boa defensa laranxa derivou nun suicidio das pupilas de Óscar Vivián. Peque castigou o atrevimento visitante marcando o 4-0 desde media pista, minuto 23. Insistiu o Ourense na súa aposta que resultou inútil e Peque marcou o 5-0 tras un novo roubo de balón que acabou enviando con clase ás redes ourensáns. Restaban sete minutos para o desenlace que non modificaron o marcador (5-0) dun partido no que o Burela Pescados Rubén mostrou a súa mellor versión e gañou con autoridade e merecemento. Ficha técnica Burela FS Pescados Rubén: Patri, Maite, Bea Mateos, Peque, Shiori –cinco inicial- Tainã, Claudia, Lara, Paula, Cris. Ourense Enviália: Vanessa, Anita, Laura, Marta, Sara Moreno –cinco inicial- Bea Seijas, Chiqui, Rosángela, Vero, Peke. Goles: 1-0, m.6, Peque; 2-0, m.17, Shiori; 3-0, m.20, Tainã; 4-0, m.23, Peque; 5-0, m.33, Peque. Tarjetas: Amarilla a Bea, Anita en el Ourense Enviála. Árbitros: Amor Vizoso, Pena Pereira. Ferrol Incidencias: Partido correspondente á undécima xornada da Primeira División RFEF. Disputado no pavillón Vista Alegre de Burela, 400 espectadores.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.