07/11/2014

Burela FS B 1-5 Prone Lugo

Burela FS B 1-5 Prone Lugo
O Burela FS Pescados Rubén B caeu a fin de semana pasada na visita do Prone Lugo á Mariña (1-5). Aínda que nunca lle perderon a cara ao encontro, os pupilos de Iván Cao ‘Lucas’ tiveron que remar contra o marcador, con 0-3 á chegada do descanso.

Javi Fajardo, Aitor, Pancho, Alemán e Riveiro formaron o quinteto de saída dos laranxas; tamén xogaron Rubén, Rafa (1) e Borja. Nas filas pronistas compuxeron o cinco inicial Yago, Diego (1), Jose (2), Adrián (1) e Jacobo, ademais de Rubén (1), Álvaro, Christian, Asier, André Luis e Carlos.

Próxima cita

O vindeiro sábado, o cadro mariñán desprazarase á pista do Troula FS, 1 punto por riba dos laranxas, para disputar a sétima xornada a partir das 20.00 horas, no municipal de Betanzos.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.