21/10/2014

Inauguración dos Cursos Federativos de Fútbol e Fútbol Sala en Burela

Inauguración dos Cursos Federativos de Fútbol e Fútbol Sala en Burela

O IES Monte Castelo acolleu onte a inauguración oficial do Curso 2014-15 de formación de adestradores, da Federación Galega de Fútbol. Xunto ao profesor da Escola Galega de Adestradores, Alfonso Mera, abriron o ciclo José Luís Sáez, representando a xunta xestora da FGF, e o director do centro educativo anfitrión, Marcelino Luna.




Un total de 23 alumnos recibirán ata finais de maio de 2015 as ensinanzas de adestrador na localidade mariñá, con 14 matriculados no Nivel 1 de Fútbol e 9 no Nivel 1 de Fútbol Sala. O bloque común para ambos os ciclos rematará o 17 de decembro, tratando as materias de Fisioloxía e Primeiros Auxilios, impartida polo médico Javier Fernández Couce; Psicopedagoxía e Socioloxía, a cargo de Marcelino Luna; e Educación Física de Base, co profesor do IES Monte Castelo Roberto Ramallal.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.