17/10/2014

O Burela FS recibe o esixente Magna Navarra

O Burela FS recibe o esixente Magna Navarra

O Burela FS Pescados Rubén recibe mañá en Vista Alegre o experimentado e esixente Magna Navarra; o partido da 6ª xornada de Primeira División LNFS arrincará ás 18.30 horas. Os mariñáns invocarán a fortaleza do santuario laranxa para facerse cos tres puntos. “Aquí estamos dando mellor medida; os xogadores máis novos están tendo moita responsabilidade polas circunstancias e eles renden mellor na casa, algo lóxico, séntense máis seguros”.



Ambas as escuadras chegan a este envite tras un calendario complicado no inicio ligueiro, puntuando só na casa. Os pupilos de Juanlu, con 3 puntos, volven á bomboneira coa intención de recuperar sensacións de vitoria de Peñíscola, despois de caer en Palma e na Copa do Rei. Pola súa banda, os de Imanol Arregui, con 6 puntos (Santiago 5-2, Montesinos 6-2) chegarán á Mariña tras encadear as derrotas ante os grandes, Inter Movistar (3-1) e FC Barcelona (2-6), e coa esgotadora clasificación de Copa en terras castelano-manchegas (Valdepeñas 2-5).



“É un equipo con experiencia que sabe competir; ata o momento non conseguimos gañarlles en liga” puntualizaba o adestrador burelista sobre un conxunto ao que tamén se enfrontaron os laranxas en pretempada, en Asturias, caendo pola mínima (1-0). “É un rival que esixe moito, sobre todo no plano físico; comete moi poucos erros e iso obrigaranos a ter unha concentración absoluta” adiantaba o técnico laranxa, que disporá de todo o vestiario, aínda que coa dúbida de Miguel, minguado por unha contusión ósea. Nas filas navarras a única baixa será Mario, por molestias de adductores.



Convocatoria  Burela FS Pescados Rubén: 1. Edu, 3. Jorge Bellvert, 5. Iago Míguez, 7. Isi, 10. Matamoros, 11.Chano, 13. Álex, 14. Miguel, 27. Carlitos, 23. Antoñito,  30. Hélder.  29. Ángel



Convocatoria Magna Navarra: 1. Asier, 3. Víctor, 4. Marc Tolrá, 6. Jesulito, 7. Carlitos, 8. Roberto Martil, 9. Dani Saldise, 10. Pablo Ibarra, 11. Samuel, 12. Eseverri, 14. Javi Saldise, 15. Raúl
 

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.