09/10/2014

A seguir sumando

A seguir sumando

O Burela FS Pescados Rubén disputará mañá a quinta xornada de Primeira División no Palau d’Esports de Son Moix fronte ao Palma Futsal (20.30 horas) co obxectivo de encamiñarse na boa senda e seguir sumando tras o primeiro triunfo da escuadra laranxa, a fin de semana pasada fronte ao Peñíscola (4-3).



Os baleares recibirán os de Juanlu con ganas de volver puntuar tras os durísimos encontros ante os grandes Inter Movistar (4-6) e FC Barcelona (6-3); as vitorias nas dúas primeiras xornadas fronte Ribera Navarra (7-5) e Montesinos Jumilla (5-6) ofrécenlle a décima posición. O cadro do ex-burelista Juanito, no que o conxunto mariñán tamén ten cedido o ala-pivote Burrito, pode ter entre as súas ausencias os lesionados Joao e Sergio.



A expedición laranxa porá rumbo ás illas mañá ás 9.00 horas en avión dende A Coruña; Hélder e Ángel volverán estar na convocatoria tamén estará Chano, que xa disputou os seus primeiros minutos a xornada pasada despois da intervención de menisco.



Convocatoria  Burela FS Pescados Rubén: 1. Edu, 3. Jorge Bellvert, 5. Iago Míguez, 7. Isi, 10. Matamoros, 11.Chano, 13. Álex, 14. Miguel, 27. Carlitos, 23. Antoñito,  30. Hélder.  29. Ángel

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.