03/10/2014

Estrea do Burela FS B en Vista Alegre (sábado 4, 16.00 horas)

Estrea do Burela FS B en Vista Alegre (sábado 4, 16.00 horas)

O Burela FS Pescados Rubén B estrearase mañá en Vista Alegre, na segunda xornada de Terceira División. Os pupilos de Lucas recibirán o experimentado O Carballiño ás 16.00 horas tras a vitoria inaugural en Bueu (2-3).



O técnico laranxa non poderá contar con Hélder e Ángel, convocados por Juanlu para o partido de Primeira División LNFS ante o Peñíscola (Vista Alegre, 18.30 horas), nin con Sergio Cora, por lesión.



“Vimos de facernos con tres puntos moi importantes para a ilusión dun equipo repleto de xuventude que respondeu excelentemente no inicio de liga despois de realizar un gran traballo de pretempada” valoraba así Lucas os primeiros pasos do fililal laranxa, confiando en poder seguir cumprindo os obxectivos dun conxunto “configurado para formar promesas burelistas dende as categorías de base”.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.