13/09/2014

Duelo de altura e máxima intensidade que Ricardinho resolveu con unha xenialidade

O Burela Pescados Rubén vendeu moi cara a súa derrota ante o Inter Movistar que tivo que agarrarse a unha xenialidade de Ricardinho para lograr a vitoria en Vista Alegre. O conxunto mariñano caeu nesta primeira xornada pero deixou unha gran
Duelo de altura e máxima intensidade que Ricardinho resolveu con unha xenialidade
O encontro comezou cun Inter moi enchufado que obrigou aos laranxas a replegarse máis do desexado aínda que, aos poucos, e sen sufrir en exceso o perigo interista foise soltando máis a escuadra local. Edu desbaratou os primeiros avisos do campión e a resposta laranxa chegou a través dunha boa ocasión de Matamoros que non logrou afinar o seu disparo. O control do partido foise igualando e o Burela Pescados Rubén soltaba algún zarpazo pero no último minuto emerxeu a figura de Ricardinho. O portugués armou a toda velocidade a súa zurda e cun disparo seco bateu a meta laranxa xusto antes do descanso. Na continuación, os bureleses mantiveron o pulso ao campión , que non lograba aumentar a súa renda, tivo tres disparos ao pao, e en varias ocasións Jesús Herrero evitou o empate local. No tramo final, os interistas lograron evitar o empuxe final do Burela Peixes Rubén a base de posesións longas pero aínda así apareceu a oportunidade final nun contragolpe levado por Carlitos e tras un rexeite Isi non logrou conectar con precisión o remate que se foi alto. Triunfo do Inter Movistar pola mínima (0-1) ante un gran Burela Peixes Rubén que se marchou ovacionado polo seu público.

Ficha técnica

Burela Pescados Rubén: Edu, Antoñito, Iago Míguez, Matamoros, Isi – cinco inicial- Bellvert, Miguel, Helder, Carlitos.

Inter Movistar: Jesús Herrero, Ortiz, Rafael, Orzaez, Ricardinho – cinco inicial- Lolo, Rivillos, Borja, David Pazos,

Goles: 0-1, m.19, Ricardinho.

Árbitros: Cid Bragado, Martínez Torres. Colexio galego. Cartón amarelo a Isi, Matamoros e Bellvert.

Incidencias: Partido correspondente á Primeira División da Liga Nacional de Fútbol Sala, disputado no pavilón Vista Alegre de Burela. 1000 espectadores.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.