04/09/2014

Doble vitoria laranxa na homenaxe a Juanma

O Burela Pescados Rubén saldou os seus partidos de presentación en Vista Alegre cunha dobre vitoria e rendeu homenaxe ao eterno capitán laranxa que se despediu da súa afección desde a pista. Juanma disputou os primeiros minutos do duelo ant
Doble vitoria laranxa na homenaxe a Juanma

A primeira sesión da tarde a protagonizarona o Burela Pescados Rubén e o Viaxes Amarelle que finalizou con vitoria local por 2-1 con goles de Claudia e Shiori, debutante no día de onte. A escuadra de Quico Otero puido lograr unha vitoria máis ampla pero a falta de definición propiciou que as coruñesas, que marcaron no último minuto, chegasen ao tramo final con opcións de empate. Regresaron a Vista Alegre co Amarelle Dolo e Lidia; ex-capitás da escuadra burelesa. Peque. A xogadora laranxa non participou no choque debido á súa lesión; esguince do ligamento lateral interno do xeonllo esquerdo. Por este motivo e por indicación dos servizos médicos do club, Peque non asisitirá á Gala do Fútbol Sala Nacional da RFEF que se celebra o día 6 de setembro en Madrid. Seus pais acudirán na súa representación para recoller o trofeo de pichichi de Primeira División da tempada 2013/2014.



Na segunda sesión, a escuadra dirixida por Juanlu Alonso impúxose por 5-3 ao Santiago Futsal nun partido intenso no que os bureleses foron de menos a máis. Ao descanso chegouse con empate a un tanto e na continuación os mariñanos lograron impoñer o seu xogo para vencer con xustiza, con goles de Isi e hat-trick de Matamoros, a un Santiago competitivo pero mermado polas ausencias.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.