19/08/2014

Presentación do CD Burela FS Pescados Rubén con Airiños do Xunco e o sabor de Galipizza

Presentación do CD Burela FS Pescados Rubén con Airiños do Xunco e o sabor de Galipizza
O Burela Pescados Rubén realiza a súa presentación o vindeiro xoves día 21 de agosto no pavillón Vista Alegre, a partir das 21.00 horas. As categorías de base acompañarán aos equipos senior que lucirán a nova vestimenta oficial da tempada 2014/2015. Unha tempada máis, o CD Burela FS Pescados Rubén conta con Joma e Living Sport como Spónsor Técnico e os afeccionados laranxas poderán contemplar a nova equipación así como as diferentes prendas oficiais do club. O acto contará coa actuación de la Asociación Cultural Airiños do Xunco. Ademais os afeccionados poderán gozar da pizza do CD Burela FS Pescados Rubén creada por Galipizza para o evento, non perdas a ocasión de probala!

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.