08/08/2014

O Burela Pescados Rubén e Quico Otero renovan o seu compromiso

O Burela Pescados Rubén e Quico Otero renovan o seu compromiso
O Burela Pescados Rubén e Quico Otero oficializaron a renovación do técnico na sé do club. O presidente, Manuel Blanco, e a directiva responsable do equipo feminino, Alba Vila, acompañaron a Quico Otero durante a súa presentación. Alba Vila declarou que “estamos encantados de poder seguir contando con Quico Otero á fronte do equipo xa que realizou un gran traballo durante a tempada anterior e a nosa confianza nel é máxima. Estou convencida que durante esta nova tempada a evolución do equipo será maior xa que a continuidade nos proxectos é positiva, Quico adaptouse perfectamente ao equipo feminino e cunha tempada de experiencia xa temos maior percorrido realizado para afrontar os nosos obxectivos”. Pola súa banda o presidente manifestouse na mesma dirección e espera que “nesta nova tempada volvamos a ver o espírito competitivo que ten este equipo e podamos gozar co seu fútbol sala”.

O adestrador vivariense agradeceu “a confianza que deposita en min a directiva para continuar con este proxecto e imos intentar superar o realizado a tempada anterior. A experiencia da tempada anterior estou convencido que nos será moi útil para esta nova tempada e aínda que somos conscientes que os títulos son moi difíciles de conseguir a nosa ambición é competir para logralos”. Respecto da competición indicou que “será diferente á tempada anterior xa que hai equipos como Roldán e Gironella que están crecendo e poden estar na loita, pero sobre todo considero que Alcorcón e UA Alacante se reforzaron moi ben e serán candidatos ao título, xa non será unha loita de dúas senón que poden ser 4 ou ata 6 os aspirantes”. Do seu equipo dixo que “reforzamonos coa idea de ter unha maior profundidade de banquiño para poder realizar un reparto equilibrado de minutos e así chegar con maior frescura á recta final. Queremos ofrecerlle á nosa afección máis alegrías e devolverlles todo o agarimo que nos deron e que con seguridade continuarán dando. O ano pasado déronnos máis dunha lección co seu apoio incondicional e a nosa obrigación é continuar co compromiso e entrega que se merecen”.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.