01/07/2014

Lidia Mesías non continuará no Burela Pescados Rubén

Lidia Mesías non continuará no Burela Pescados Rubén

Lidia Mesías non continuará xogando no Burela Pescados Rubén a próxima tempada ao non aceptar a oferta de renovación do club. A capitá do conxunto burelés despídese do Burela Pescados Rubén tras cinco tempadas nas que demostrou unha progresión constante que a levaron a ser protagonista principal nos títulos acadados. O seu excelente rendemento chamou a atención da selección española e foi a primeira xogadora do club en vestir a camiseta de España. Con 18 anos, Lidia Mesías chegou ao conxunto burelés na tempada 2009/2010, procedente do Narón, na estrea do equipo en Primeira División e nestas cinco tempadas conquistou; 3 Copa Galicia (2009, 2010, 2014) , 1 Liga (12/13) e 1 Copa de España (2013).



O club agradece o compromiso, dedicación e comportamento exemplar da xogadora ferrolana durante as súas cinco tempadas na entidade e deséxalle o mellor na súa nova etapa deportiva.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.