23/06/2014

Os xuvenís acariciaron o título e os cadetes disputarán a final de Copa

Os xuvenís acariciaron o título e os cadetes disputarán a final de Copa
Os cadetes do Burela Pescados Rubén lograron a súa clasificación para a gran final da Copa Galega tras impoñerse por 3-2 ao IES Coruxo no partido de volta, disputado o domingo 22, refrendando a vitoria conseguida a domicilio (2-4) no partido de ida. Os laranxas fixeron un gran partido en ambos duelos e plasmaron a súa superioridade ante un rival moi competitivo. A disputa polo Copa Galega celébrase o sábado día 28 no pavillón municipal de Lugo ante o EDC Verín, a partir das 19.00 horas.

Final Campionato Xuvenil. O Burela Pescados Rubén xuvenil quedouse a un paso de proclamarse campión do Campionato Galego nunha final emocionante disputada ante o 5 Sala Coruña FS. O encontro definitivo disputouse o sábado 21 en Vista Alegre, os herculinos acudían ao feudo laranxa cunha renda dun gol (4-3) do encontro de ida e tras un disputado duelo alzáronse co título grazas ao valor dobre dos goles en campo contrario trala vitoria burelesa por 5-4 en Vista Alegre.

IX Torneo Basee Cidade de Betanzos

Os equipos benxamín e alevín da ED Burela FS gozaron dun fin de semana de competición no IX Torneo de Base Cidade de Betanzos aínda que ambos conxuntos non lograron pasar a fase de grupos nun torneo que ofreceu unha gran nivel competitivo.

Resultados categoría benxamín- Grupo B

Club do Mar - ED Burela FS (5-1)

Cidade de Narón FS - ED Burela FS (10-1)

Azkar Lugo FS - ED Burela FS (3-1)

ED Burela FS: Alejandro Bermúdez, Noel, Anxo, Lucas, Pablo, Pedro, Alejandro Altamirano, Martín, Javi, Yago Ares. Adestrador: Benito Repiso

Resultados categoría alevín- Grupo A

5 Coruña FS - ED Burela FS (5-3)

O Parrulo Ferrol - ED Burela FS (9-1)

Azkar Lugo FS - ED Burela FS (4-3)

ED Burela FS: Pablo, Nico, Diego, Antonio, Pol, Alex, Anxo, Dani e María.

Adestrador: Carlos Moreno.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.