17/06/2014

A asociación Mulleres Deportistas Galegas premia ao CD Burela FS Pescados Rubén como mellor equipo feminino de 2013

O Burela FS Pescados Rubén continúa recibindo o recoñecemento pola súa conquista da Liga e Copa de España durante a tempada 2012/2013. O equipo feminino da entidade mariñá fixo historia na provincia de Lugo ao conquistar o dobrete, sendo o
A asociación Mulleres Deportistas Galegas premia ao CD Burela FS Pescados Rubén como mellor equipo feminino de 2013
O Burela FS Pescados Rubén xa fora nomeado Mellor Equipo Galego pola Fundación Deporte Galego e, nesta ocasión, recibe o premio nesta mesma categoría por parte da Asociación de Mulleres Deportistas Galegas (MUDEGÁ), presidida por Pilar Neira Martínez. O xurado da III Gala do deporte feminino en Galicia, organizada por Mudegá, elixiu o día 14 de xuño ao Burela FS Pescados Rubén como gañador deste premio. A entrega realizarase no transcurso da Gala do próximo día 28 de xuño, ás 19.30 horas, no Círculo Recreativo Cultural de O Porriño (Pontevedra).

O equipo histórico do dobrete, dirixido por Javier Pardeiro; auxiliado Alfonso Mera, Dolores Fernández e Ramón Cordido, estaba formado polas xogadoras: Dolo, Lucía Nespereira, Lidia Mesías, Patri, Lara, Haydee, Peque, Silvia, Dany, Jozi, Maite e Paula.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.