16/06/2014

Vista Alegre definirá o campión galego xuvenil e o finalista da Copa cadete

Vista Alegre definirá o campión galego xuvenil e o finalista da Copa cadete
Final Campionato Galego. No encontro de ida da final xuvenil, o Burela Pescados Rubén caeu derrotado pola mínima (4-3) no feudo do 5 Sala Coruña FS nun duelo que os bureleses lograron empatar en tres ocasións, a maior pegada dos coruñeses decantou o partido a falta de vinte segundos. O vindeiro fin de semana dilucidarase o campión.

Burela Pescados Rubén: Marcos, Cora, Renato, Rafa, Riveiro -cinco inicial- Aarón, Mini, Chiki, Mamadou, Borja. Os goles laranxas foron obra de Renato, Cora e Rafa.

Semifinal Copa Galega Cadete. Os cadetes deron un gran paso para acceder á final coa súa vitoria (2-4) na pista do IES Coruxo FS. A escuadra mariñá mostrouse superior durante todo o encontro e únicamente a falta de acerto na definición impediu sentenciar o pase á gran final que se decidirá o vindeiro fin de semana.

Burela Pescados Rubén: Luismi, Chiki, Kaká, Mamadou, Aitor -cinco inicial- Aarón, Mini, Xosé, Vilariño, Pitero. Os goleadores foron: Kaká, Mamadou (2), Chiki.

* Ver horarios en documento adxunto

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.