10/06/2014

Probas de captación para categorías de base do CD Burela FS Pescados Rubén 2014

O Club Deportivo Burela Fútbol Sala Pescados Rubén abre o prazo de captación para todos aqueles xogadores que desexen formar parte das súas categorías de base de cara a tempada 2014-2015. A partir de hoxe e ata o luns 30 de xuño, todos aque
Probas de captación para categorías de base do CD Burela FS Pescados Rubén 2014

As probas consistirán en integrar aos xogadores nos adestramentos do equipo da súa categoría para coñecer o funcionamento das sesións e a metodoloxía de traballo do club. Así, todos aqueles xogadores nados entre os anos 1996 e 2009 poderán probar co CD Burela Pescados Rubén durante as tres próximas semanas.



NOTAS IMPORTANTES
- O periodo de probas para os xogadores/as inscritos comezará a seguinte semana de realizar a súa inscrición, para unha mellor planificación.
- Non haberá máis de tres xogadores/as que estean realizando as probas de acceso por cada sesión de adestramento.
- En caso de superar os seis xogadores/as en probas por ano de nacemento, crearase unha sesión específica con todos eles.
- Os xogadores/as que realicen as probas, farán un máximo de 2 adestramentos por semana.
- Os sesión serán ás horas dos adestramentos habituais de cada categoría, en caso de ter un número elevado de xogadores/as no período de probas, modificaranse as horas.



 



Categorías:
- XUVENIL (anos 96-97-98)
- CADETE (anos 99-00)
- INFANTIL (01-02)
- ALEVÍN (03-04)
- BENXAMÍN (05-06)
- PREBENxAMÍN (07-08-09)




Os interesados en facer as probas, poderán realizar as súas inscricións en:
-Teléfono: 982 58 18 15
-Enviando un e-mail a burelafs@burelafs.org, onde deberán especificar os datos persoais do xogador/a (nome, apelidos, data de nacemento, dirección e teléfono de contacto)
-Oficina do Club situada na Avenida Arcadio Pardiñas, 91, Entresuelo



                                    



                                             ¡APÚNTATE, NON O DUBIDES!

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.