07/06/2014

O Atlético vence ao Burela na prórroga e accede a final da Copa España

A segunda semifinal da XX Copa de España Burela 2014 deparou un duelo espectacular entre dous equipazos. Burela Pescados Rubén e Atlético de Madrid ofreceron un espectáculo deportivo digno de ver e que grazas a Pasión Media Comunicación pui
O Atlético vence ao Burela na prórroga e accede a final da Copa España

O choque resultou vibrante desde o pitido inicial, con ambas escuadras querendo dominar e unha intensidade que foi aumentando co transcorrer do os minutos. O primeiro en golpear foi o Atlético de Madrid, Leti sorprendeu cunha falta directa para situar o 0-1 pero a reacción laranxa non se fixo esperar por mediación de Claudia (1-1) e máxima intensidade en Vista Alegre. O empate deu paso aos mellores minutos dun Burela Pescados Rubén aínda que non puido irse con vantaxe ao descanso ao que se chegou con 1-1.

No segundo capítulo, a película comezou a tinguirse de laranxa e aínda que as de Quico Otero non aproveitaron a superioridade, trala expulsión de Leti por dobre amonestación, lograron bater a Belén en dúas ocasións. Bea Mateos fusilou á meta madrileña (2-1) cun potente disparo e Daniela culminou unha contra guiada por Lidia para marcar o 3-1, minuto 32. Con esta renda as mariñanas recolleron os froitos ao seu dominio pero emerxeu a figura de Ju Delgado no partido para igualar a contenda con dous goles, chegando o empate (3-3) cando Vista Alegre acariñaba a final.

Prórroga. No tempo extra, o cansazo na pista era evidente debido ao esforzo e a intensidade dos corenta minutos. O Burela Pescados Rubén intentaba repoñerse do varapao do empate aínda que as colchoneiras apertaron e de novo a brasileira, Ju Delgado, danou a nave mariñá. Tras unha acción individual brillante disparou á madeira e o rexeite aproveitouno Rocío Sevilla para remontar o choque (3-4). A dous segundos do primeiro tempo extra, Lara dispuxo da ocasión para empatar pero o seu lanzamento desde o dobrepenalti foi rexeitado por Belén. Na segunda parte, o Burela Pescados Rubén queimou as naves e as forzas que lle quedaban para empatar, ata con Claudia de porteira xogadora, pero Anita Luján selou a vitoria e o pase á final marcando o definitivo 3-5.

José Venancio López. O seleccionador absoluto da selección española estará presente na final da XX Copa de España que deparará unha final madrileña entre AD Alcorcón e Atlético de Madrid Navalcarnero que se disputa en Vista Alegre mañá domingo día 8, ás 12.00 horas e que se poderá seguir en directo en streaming en www.burelafs.org con Pasión Media Comunicación.

Ficha técnica

Burela Pescados Rubén: Jozi, Claudia, Bea Mateos, Daniela, Peque -cinco inicial- Maite, Lara, Lidia.

Atlético de Madrid: Belén, Ju Delgado, Leti, Anita Luján, Cristina -cinco inicial- Natalia, Rosana, Rocío Sevilla,

Goles: 0-1, m.4, Leti; 1-1, m.9, Claudia; 2-1, m.26, Bea Mateos; 3-1, m.32, Daniela; 3-2, m.34, Ju Delgado; 3-3, m.39, Ju Delgado; 3-4, m.45, Rocío Sevilla.

Árbitros: Martínez Torres e Sierra Márquez de Pontevedra. Tarxeta amarela no Burela a Peque, Claudia, Lidia. No Atlético a Leti, dobre amarela, expulsada minuto 23, amarela a Ju Delgado, Rosana.

Incidencias: Segunda semifinal da XX Copa de España Burela 2014 disputada no pabellón Vista Alegre. 900 espectadores. Gardouse un minuto de silencio en memoria de Félix Aranda, fundador e vicepresidente do Atlético de Madrid, recientemente falecido.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.