22/05/2014

Xosé Díaz gañador do IV Certame de Relatos Curtos da LNFS

A Última Copa. Título do relato ganador do IV Certamen de Relatos Curtos “Le, escribe...¡Adestra a túa mente! que organiza cada tempada a Liga Nacional de Fútbol Sala, actividade enmarcada no seu programa de Responsabilidade Social e que co
Xosé Díaz gañador do IV Certame de Relatos Curtos da LNFS
En categoría adulto, o gañador do Certamen foi Xosé Díaz García, burelés de 39 anos que coa súa conmovedora historia fíxose acreedor do primeiro premio; libros de texto, balón oficial da LNFS,... que decidiu doar ao Burela Pescados Rubén. O club burelés agradece o xesto de Xosé Díaz que fixo entrega do premio na oficina do club burelés a Alfonso Mera, coordinador da Escola Deportiva Burela FS.

A Última Copa

Sentín algo estrano cando levantei a última copa. Debería ser tan só emoción, pero foi algo máis. Unha sensación de baleiro e soidade invadiume xusto no momento no que o presidente da FIFA tendeume o fermoso e solemne trofeo. Deixei de escoitar ao público, que ateigaba as gradas do pavillón. Os seus gritos de xúbilo convertéronse nun silencio seco que parecía disposto a asfixiarme sen compaixón. As miñas compañeiras de equipo gritaban e zarandeabanme entusiasmadas.

- ¡Eh, Alba, espabila!....¡Somos campioas!

Iso dicíanme, pero eu, oía outra cousa...........

Descarga o texto completo no documento adxunto e descubre a historia de Alba.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.