03/05/2014

Contundente vitoria no derbi galego

O Burela Pescados Rubén suma un novo derbi no seu casilleiro tras vencer con autoridade ao Pescamar Poio por 1-7.
Contundente vitoria no derbi galego
O derbi comezou coa escuadra pontevedresa moi activa ante un conxunto mariñán que lle custaba atopar o ritmo. O Poio aproveitou esta circunstancia para adiantarse nos primeiros minutos (1-0) cun potente disparo de Ceci que se coou pola escuadra laranxa.

O tanto local provocou a reacción mariñana e Bea Mateos igualou o choque aos poucos minutos. Co 1-1 as pontevedras comezaron a desinflarse ante un Burela Pescados Rubén que comezou a exercer a súa superioridade. Claudia marcou o 1-2 que deu paso ao vendaval goleador laranxa, Daniela por partida dobre e Peque sentenciaron o derbi antes do

descanso (1-5).

Tralo paso por vestuarios, as pupilas de Quico Otero manexaron o tempo do encontro ao seu antollo ante un Pescamar Poio que apenas xerou inquietude na meta de Patri. Daniela conseguiu o 1-6, hat trick da colombiana, e Paula celebrou a súa volta á pista cun zapatazo que supuxo o definitivo 1-7. Vitoria e tres puntos que manteñen a diferenza respecto ao líder, Atlético de Madrid, que con apuros acadou o triunfo (3-4) no derbi madrileño ante o Móstoles.

Ficha técnica

Poio Pescamar: Carmen; Quico, Ceci, Claudia, Charo –cinco inicial- Nerea, Elena, Peque, Yoli e Paloma.

Burela Pescados Rubén: Patri; Bea Mateos, Daniela, Peque, Claudia –cinco inicial- Cristina, Lidia Mesias, Silvia, Lara, Maite e Paula.

Goles: 1-0, m.5, Ceci; 1-1, m.8, Bea Mateos; 1-2, m.12, Claudia; 1-3, m.15, Daniela; 1-4, m.16, Daniela; 1-5, m.18, Peque; 1-6, m.31, Daniela; 1-7, m.35, Paula.

Árbitros: Cid Bragado e García Rodríguez do colexio galego. Amosaron cartón amárelo a Bea Mateos do Burela Pescados Rubén.

Incidencias: Encontro correspondente a xornada 27 de Primeira División, disputados no pavillón municipal de Poio. 700 espectadores.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.