16/04/2014

Fútbol sala laranxa en Nois e Cervo

Fútbol sala laranxa en Nois e Cervo

O CD Burela FS Pescados chamou ás portas da Semana Santa con fútbol sala de base visitando os CEIP Fondo Nois e de Cervo hai algúns días.



O luns 7, o colexio de Nois recibiu, como segunda visita laranxa ao centro neste curso, o director da ED Burela FS, Alfonso Mera, e os xogadores Isi, Jozi, Antoñito e o xaponés Shunya Kamifukumoto. O mércores 9, o adestrador de Primeira LNFS, Juanlu, compartiu unha diverstidísima xornada co estudantado de Cervo, acompañado polo gardameta Álex e as xogadoras Peque e Lara.



Os nenos/as de Foz e Covas serán os próximos en gozar da filosofía laranxa a finais de abril, dentro do seu programa de difusión da práctica deportiva saudable e en igualdade entre a xuventude da Mariña; o alumnado beneficiario  pode escoller ademais invitacións para presenciar algún partido de Primeira División en Vista Alegre ata finais de tempada.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.