14/04/2014

Firma do Plan de Patrocinio da Fundación Deporte Galego

Firma do Plan de Patrocinio da Fundación Deporte Galego
O vicepresidente do CD Burela FS Pescados Rubén, José Luis Sáez Castro, acompañado polos capitáns do equipo masculino e feminino, Juanma e Lidia, e os canteiráns Carlitos e Paula, asistiron durante a mañá de hoxe, luns 14 de abril, ao acto protocolario da firma do Plan de Patrocinio dos equipos de alta competición 2013/2014 da Fundación Deporte Galego. Os clubs lucenses, do mesmo xeito que en edicións precedentes, procederon a selar o acordo no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo que contou coa presenza do Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete Lasa, que eloxiou ao CD Burela FS Pescados Rubén por ter na elite tanto ao seu equipo feminino coma masculino.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.