11/04/2014

O Burela FS busca a sorpresa na casa do campión de Primeira (sábado 12, Energy TV, 13.00)

O Burela FS busca a sorpresa na casa do campión de Primeira (sábado 12, Energy TV, 13.00)

O Burela FS Pescados Rubén seguirá pelexando polos postos de play off e buscará mañá a sorpresa na casa do xa campión de Primeira LNFS 2013-14, Inter Movistar. Madrileños, con selo matemático do primeiro posto da fase regular desde a semana pasada en Peñíscola, e galegos bateranse na xornada 28 ante as cámaras de Energy TV (13.00 horas).



“Son puntos cos que non contas a priori, pero se conseguimos algo positivo será un pulo moi importante nesta recta final para as nosas aspiracións” adiantaba Juanlu, incidindo na xa clásica boa reacción do Burela FS Pescados Rubén ante os grandes: “Afrontamos cada partido coa esixencia de gañar; sabemos que Inter é o peor rival posible, pero hai unha posibilidade e temos que espremela” aseguraba o técnico burelista, facendo referencia ao empate desta tempada con FC Barcelona Alusport (2-2) e á vitoria na casa de ElPozo Murcia (4-5).



Desde a oitava praza, con 36 puntos, o cadro mariñán atópase inmerso na loita por coarse entre os oito privilexiados de play off, con catro prazas para cinco candidatos. Empatado co Burela FS está o Santiago Futsal, que se mide esta fin de semana a Peñíscola, undécimo; Xota, con 37, visita a Marfil Santa Coloma, cuarto; Ríos Renovables, con 39, recibe a Barcelona, segundo; e axexando os laranxas, Montesinos Jumilla FS, con 35, xoga na casa ante Zaragoza, penúltimo.



Juanlu poderá dispoñer do vestiario ao completo para a cita, co novísimo Carlitos; Iago Míguez, con molestias nun pé desde a semana pasada, non poderá estar ao cento por cento. A convocatoria de Inter Movistar estará configurada por Luis Amado, Tobe, Murga, Pola, Rivillos, Ricardinho, Bateria, Borja, Rafael, Nano, Cardinal, Rubén Orzáez, Ortiz e Herrero.



 

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.