10/04/2014

Porque hai moitos motivos para apostar por nós

Porque hai moitos motivos para apostar por nós

O Burela FS Pescados Rubén volve colocarse baixo os focos para facer chegar a súa especial idiosincrasia a todos os recunchos do mundo, unha forma de vivir, sentir e gozar do fútbol sala que fan da entidade mariñá un CLUB ÚNICO.



Nunha tempada na que os soños laranxas non teñen límite, cunha espectacular recta final, coa pelexa polos play off en Primeira LNFS, a loita polo título en Primeira RFEF e ata a esperanza de ascenso desde Terceira División, a gran familia laranxa ponse ante as cámaras da Caixa Escura Producións para marcarse novos desafíos, pensando xa na continuidade dun proxecto, en 2014-15, cimentado no apoio de afeccionados, colaboradores e patrocinadores.



Porque hai moitos motivos para apostar por nós... pero, sobre todo, porque somos ÚNICOS!



 



 



VÍDEO en Youtube

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.