09/04/2014

Selo de calidade con futuros formadores

Selo de calidade con futuros formadores

O berce do fútbol sala na Mariña non só aposta por potenciar a destreza e habilidade sobre a pista coas escolas de base senón tamén pola formación de adestradores. Este ano, co curso de Adestrador Territorial de Fútbol Sala Nivel 2, é o terceiro que o IES Monte Castelo de Burela acolle ciclos baixo a organización da Federación Galega de Fútbol.



O curso de Nivel 2, que arrincou a principios de novembro coa presenza do seleccionador nacional Venancio López, xa se atopa implicado plenamente na materia específica do fútbol sala, con Táctica, a cargo do adestrador do CD Burela FS Pescados Rubén, Juanlu Alonso; Dirección de Equipos, coa psicóloga Juana Blanco; e Metodoloxía, co preparador físico do equipo laranxa de Primeira División LNFS, Alfonso Mera. O alumnado xa se internou, no bloque común, en cuestións de saúde co médico e a fisioterapeuta do club burelista, Javier Couce e Lucía Nieto; Psicopedagoxía, co psicólogo Marcelino Luna; e Lexislación, co directivo do Comité de Fútbol Sala da Federación Galega de Fútbol, José Luis Sáez.



Ata o mes de xullo, a programación aínda contemplará Regras do Xogo, co árbitro ourensán de Primeira División Álvaro Cid; Técnica, co ex-adestrador burelista Javier Pardeiro; e Preparación Física. Os futuros técnicos completarán o ciclo con 200 horas de prácticas formativas en escolas, clubs ou centros deportivos.



 



 

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.