04/04/2014

Jaén, penúltimo visitante en Vista Alegre

Jaén, penúltimo visitante en Vista Alegre

O Jaén Paraíso Interior será o penúltimo visitante do Burela FS Pescados Rubén no súa carreira cara aos play off. Vista Alegre acollerá mañá un intenso Maratón Laranxa, co partido de Primeira RFEF, Burela FS-Móstoles como antesala; a entrada para ambas as citas (16.00 e 18.30 horas) será gratuita para soci@s; o prezo para non soci@s será de 12 euros/adulto, 5 euros/14-17 anos e 3 euros/0-13 anos.



“Sabemos que unha vitoria proporcionaríanos un salto importante. Temos un calendario difícil ata o final e debemos encarar esta cita sen máis opción que os tres puntos, porque nos darían moitas aspiracións para os play off” adiantaba o preparador burelista, Juanlu.



Os mariñáns (oitava praza, 33 puntos) chegan á 27ª xornada coa espiña cravada da primeira volta, un excesivo 4-0. “Curiosamente realizamos unha das nosas mellores primeiras partes da tempada, pero o desacerto de cara ao gol pesounos moito tras o descanso; púidonos a ansiedade e o Jaén estivo moi oportuno nas súas ocasións recordaba” o técnico laranxa, incidindo nas virtudes xienenses, que ocupa a 13ª praza, con 21 puntos: “É un equipo que defende moi ben, aplica intensidade e reflicte moita orde. Móvese habitualmente en marcadores axustados e con partidos moi pechados” explicaba o adestrador burelista, facendo un chamamento á “paciencia e concentración porque será un partido difícil ata o final”.



Juanlu dispoñerá do cadro ao completo, con algunha que outra molestia. O vestiario de Dani Rodríguez chegou este mediodía a Burela coas ausencias de Víctor Montes e Ordóñez e a novidade de Sergio Cobo; plantarase en Vista Alegre con ganas de vitoria logo “dun mal partido” ante Peñíscola (1-2), como cualificou o seu adestrador, ex-xogador laranxa.



Rival á espreita



Pelexando por coarse entre os oito privilexiados de play off, persegue á escuadra laranxa o Montesinos Jumilla FS, con 32 puntos; os murcianos visitarán esta semana a pista do Manacor, décimo (23 puntos).




 

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.