29/03/2014

Vitoria solvente en Canarias

O Burela Pescados Rubén gana con solvencia ao Colegio Arenas Gran Canaria (3-7) e suma tres puntos que o manteñen nos postos de Play Off polo título.
Vitoria solvente en Canarias
Durante o primeiro periodo os bureleses lograron sorprender continuamente aos canarios con numerosos contragolpes e mostrando unha seriedade defensiva que evitou calquera acción de perigo amarela. Juanma abriu o marcador no minuto seis (0-1) e as oportunidades de aumentar a renda sucedéronse pero a escasa eficacia laranxa propiciou que o Gran Canaria chegase vivo ao descanso. Na segunda parte o Burela puxo a directa e pronto logrou o 0-3, con goles de Iago Míguez e Burrito, minuto 24. A reacción local foi o xogo de cinco que aínda que en primeiro instancia permitiulles recortar diferenzas (2-3) acabou sendo o camiño directo á derrota. Co 2-3 os pupilos de Juanlu retomaron o pulso con goles de Burrito (2-4) e do meta laranxa Alex (2-5) e liquidaron con autoridade o encontro ante un conxunto local que baixou os brazos. O Burela Pescados Rubén acabou o choque con tranquilidade e cunha contundente vitoria por 3-7.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.