22/03/2014

Vitoria e liderado

O Burela Pescados Rubén alcanza o liderato da Primeira División tras vencer por 2-1 ao Rioja e empatar o Atlético de Madrid en Alacante (5-5). A vitoria pola mínima ante as rioxanas sumado ao tropezo colchoneiro, permite ás mariñás asaltar
Vitoria e liderado

O conxunto dirixido por Quico Otero sacou adiante o seu compromiso (2-1) ante o Rioja con sufrimento e coraxe xa que as rioxanas mostraron a súa condición de equipo competitivo. Sen un dominador claro e sen claras ocasións de gol transcorreu un choque intenso que viu alterado o empate inicial co gol conseguido por Bea Mateos, minuto 12. Tras un roubo e parede, a xogadora mariñana bateu a Yarie cun potente disparo raso, inclinando a balanza do bando local. A disputa polo control do xogo continuaba e Peque case consegue o segundo tanto local ao bordo do descanso pero o 1-0 mantívose.



Na continuación as alternativas no dominio foron unha constante pero sen precisión no último pase e o remate. A medida que se achegaba o tramo final a tensión aumentaba e o Burela Pescados Rubén situouse no cupo de faltas, a oito minutos para o desenlace. Non soubo aproveitar esta baza a escuadra rioxana que apostou por xogo de cinco no minuto 37 que Claudia castigou logrando o 2-0 para alegría de Vista Alegre. Tras roubar o balón, Claudia lanzou un certeiro disparo desde uns 14 metros logrando a tranquilidade do seu equipo. No último minuto, Jess recortou distancias (2-1) reactivando a tensión pero finalmente os tres puntos quedáronse en Vista Alegre que presaxiaba o asalto ao liderato conquistado.



Ficha técnica



Burela Pescados Rubén: Jozi, Bea Mateos, Peque, Claudia, Daniela –cinco inicial- Lidia, Cris.



Rioja:Yarie, Eva, Shio, Bea Martín, Carmen –cinco inicial- Cris, Bea, Jess, Lara, Rebe.



Goles:1-0, m.12, Bea Mateos; 2-0, m.37, Claudia; 2-1, .m.40, Jess.



Árbitros: Diego Franco e Jordi Villanues de Lugo. Amosaron cartón amarelo a Cris do Burela Pescados Rubén.



Incidencias: Xornada 22 da Primeira División disputada en Vista Alegre, 400 espectadores. Ao inicio do encontró ambos conxuntos posaron coa pancarta da Asociación Piel de Mariposa (Debra España). O Burela Pescados Rubén ofreceu á súa afición o premio de Mellor Equipo Feminino de Galicia, entregado na Gala Premios do Deporte Galego 2013.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.