21/03/2014

Emocionante recta final en Terceira

Emocionante recta final en Terceira

O Burela FS Pescados Rubén B gozará dunha emocionante recta final en Terceira, navegando por unha zona alta da táboa cada vez máis apertada. A falta de catro xornadas e a dous puntos do liderado, o cadro de Iván Cao, ‘Lucas’, recibirá o correúdo Ribeira FS mañá en Vista Alegre (16.00 horas).



“O Ribeira FS é un bo equipo, con experiencia, e sempre me gustou moito; na primeira volta fíxonos moito dano, impoñéndose 7-2. Sorpréndeme a súa clasificación porque creo que a comezos de tempada era un dos candidatos para estar loitando polo título” reflexionaba Lucas sobre as calidades do rival, que chegará á Mariña como décimo clasificado (27 puntos), fronte aos 41 puntos dos laranxas, pelexando pola terceira praza.



O Burela FS chega á cita coas lesións xa coñecidas de Bruno de Nois e Antón Couto. Aínda que con poucos efectivos, o cadro laranxa amósase moi ilusionado, “xa que co paso das xornadas fomos pouco a pouco superando as expectativas de comezo de tempada e iso resulta moi gratificante e motivador” puntualizaba o técnico.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.