14/03/2014

O Burela FS visita a pista do farol vermello, AE Vallirana

O Burela FS visita a pista do farol vermello, AE Vallirana

Tras a parada ligueira de dúas semanas, o Burela FS Pescados Rubén regresa á competición de Primeira RFEF coa visita á pista catalá do farol vermello, AE Vallirana. O encontro da 21ª xornada dará comezo o sábado, ás 19.00 horas, no pavillón municipal de La Palma de Cervelló.



Despois do seu paso polo Campionato Sub-21 con Galicia, a subcampioa de España Lara Balseiro amósase moi motivada para retomar a pugna definitiva polo cumio da clasificación. “Despois da derrota do Navalcarnero na última xornada, debemos aproveitar ao máximo partido a partido; para nós é unha grande oportundiade. Temos que amosar concentración plena en Vallirana para conseguir os tres puntos e se é cun resultado amplo mellor porque tamén temos que pensar no coeficiente en caso dun empate co actual primeiro clasificado” facía así as contas a xogadora viveirense, referíndose á vantaxe goleadora das madrileñas.



“A priori deberiamos ser superiores ao rival, que tan só dispón de 3 puntos na súa cuadrícula; conseguiunos na casa fronte ao Valdetires na terceira xornada (3-2), pero iso non quere dicir nada. Temos moi recente a realidade de que calquera equipo che pode arrebatar os tres puntos, así que debemos ir moi concentradas” advertía Lara.



Quico Otero tampouco poderá contar para esta cita nin con Paula nin con Maite, por lesión.



O enfrontamento do arquirrival das laranxas (52 puntos) e líder disputarase o domingo (12.00 horas). Despois do tropezo co Valdetires Ferrol FS (6-5), o Atlético de Madrid Navalcarnero (53 puntos) verase as caras con outro galego, o Cidade das Burgas, que viaxa a terras capitalinas defendendo a novena praza.



 

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.