07/03/2014

Final cara ao play off antes do descanso

Final cara ao play off antes do descanso

O Burela FS Pescados Rubén pelexará mañá nunha gran final polo obxectivo do play off na pista dun rival directo, Montesinos Jumilla FS (17.00 horas, pabellón Carlos García Ruiz). O encontro da 24ª xornada da elite chega antes dun dobre descanso para os pupilos de Juanlu Alonso; tras a parada ligueira pola Copa de España Logroño 2014 (13-16 de marzo), a escuadra mariñá gozará da xornada de descanso o día 22.



“A nosa motivación é máxima, é unha grande oportunidade para nós; se non sumamos seguimos con opcións, pero se conseguimos gañar daremos un paso moi importante” explicaba o técnico dos laranxas, que defenden a sétima praza (30 puntos) en pugna co Ríos Renovables. En fronte terán o equipo revelación da tempada, un novel que, desde a súa actual novena praza (26 puntos), aspira a coarse entre os oito privilexiados do play off.



“É un equipo que aproveita moi ben o ambiente que se xera no seu pavilllón. Unido iso á intensidade con que xogan dálles un plus” advertía o técnico burelista sobre a fortaleza dos levantinos na casa; tan só Inter Movistar (2-4), Magna Navarra (2-4) e Barcelona (1-5) deixaron ao Montesinos sen puntuar no seu feudo e Marfil Santa Coloma (1-1), ElPozo Murcia (3-3) e Jaén (2-2) conseguiron arrebatar o empate.



A expedición galega, que xa adestrou esta mañá en Jumilla, viaxou coa ausencia de Christian, en repouso desde a semana pasada por unha rotura parcial de ligamento colateral medial; Hugo, na recta final da súa recuperación de intervención de menisco, aínda non dispoñerá da alta médica para a cita de mañá.



Na primeira volta Vista Alegre concedeulle os puntos ao CD Burela FS, con 2-0.




Rivais directos. Os compromisos dos rivais máis próximos dos burelistas, Santiago Futsal (sexto, 32) e Ríos Renovables (oitavo, 30) -coa xornada de descanso xa superada-, pasan pola visita do todopoderoso ElPozo Murcia (segundo) a Tudela e o desprazamento dos composteláns á pista do Jáen (undécimo).

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.