28/02/2014

Rivalidade de play off

Rivalidade de play off

A 23ª xornada de Primeira LNFS prepara un duelo de rivalidade con aroma a play off para o Burela FS Pescados Rubén. A escuadra laranxa recibe o Ríos Renovables pelexando por facerse un oco con garantías para asentarse entre os oito primeiros; á igualdade entre mariñáns e tudelanos, sétimos e oitavos respectivamente con 29 puntos, súmase en triplo empate o Santiago Futsal, que esta semana se mide ao pechacancelas, Gran Canaria. Para dar a benvida ao Entroido Laranxa, todos os afeccionados que acudan disfrazados mañá a Vista Alegre terán entrada gratuíta (18.30 horas).



Tan só dúas semanas despois dos cuartos da Copa do Rei, navarros e bureleses volveranse ver as caras na bomboneira. Os pupilos de Juanlu afrontan o encontro con cabeza fría e concentración para afastar o sabor amargo da recente vitoria do Ríos (2-3) e recuperar as boas sensacións no percorrido da segunda volta de liga, sensacións que tamén experimentaron na recta inicial no Ciudad de Tudela, con 2-6 para os laranxas.



Á ausencia de Hugo, que xa comezou a involucrase nas sesións con exercicios de condución de balón e pases, súmase esta semana Christian, por unha rotura parcial de ligamento colateral medial; o tempo de recuperación do viveirense, que xa sufría molestias desde o partido de cuartos de Copa, estímase entre tres e catro semanas. Xunto ao novísimo Carlitos, incorpórase á convocatoria de Juanlu o versátil xuvenil Hélder Gonçalves.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.