17/02/2014

Un chanzo máis para a historia

Un chanzo máis para a historia

Continúa a semana intensa de regreso á competición. Despois do traballado triunfo ligueiro do sábado ante o Umacón Zaragoza (7-5), ao Burela FS Pescados Rubén espérao outra cita para seguir subindo chanzos na historia; mañá xogarase o billete para as semifinais da Copa do Rei coa visita a Vista Alegre do Ríos Renovables (20.30 horas). As bancadas laranxas contarán cun invitado de luxo, o seleccionador nacional, José Venancio López Hierro.



Os burelistas saltarán á pista para medirse a un rival que tamén pelexa no ecuador da táboa; ocupa a oitava praza, con 26 puntos, tres menos que o Burela FS. A única referencia da tempada é a da primeira volta de liga, con triunfo para os galegos (2-6).



Juanlu espera a un rival “nun bo momento de forma, que vén de realizar un gran partido na casa do Marfil Santa Coloma (6-6)”. “Seguro que virán tan motivados como chegamos nós. Ter a oportunidade de pelexar polo pase a semifinais dun título nacional non é algo habitual para clubs humildes coma os nosos” puntualizaba o técnico laranxa, agradecendo de antemán o apoio incondicional da afección mariñá.



Esta tarde, o cadro laranxa realizou o único adestramento da semana antes do partido de mañá para ultimar detalles da cita. Sen novidades no vestiario, nas filas mariñás só estará ausente Hugo, que segue cumprindo os prazos de recuperación da intervención de menisco.



Ata mañá ao mediodía, a venda anticipada de entradas estará dispoñible na sede do club (Arcadio Pardiñas, 91, baixo). A taquilla de Vista Alegre estará aberta desde as 19.30 horas.



 



PREZOS PARA SOCIOS



Adultos: 3 euros
Menores de 18 anos: 1 euro




PREZOS PARA NON SOCIOS



Adultos: 12 euros
Menores de 18 anos: 2 euros

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.