13/02/2014

Actividade competitiva para a base laranxa dende o venres

Actividade competitiva para a base laranxa dende o venres

Mañá xa comeza a base laranxa a entretida fin de semana sobre as pistas, con catro competicións en xogo, Autonómica Cadete e Infantil, Deporte Escolar e Liga Prebenxamín da Mariña.



Deporte Escolar dará a saída mañá pola tarde, coa visita do Infantil B e Cadete B a Xove (18.15 e 19.15 horas). Ambos os equipos terán outra cita o sábado en Vista Alegre; comezarán os cadetes, ás 10.00, coa EDM O Valadouro, seguidos dos infantís, que se medirán ao Viveiro FS ás 12.00. Os outros dous encontros nesta liga para o sábado estarán protagonizados polo Infantil A na cancha da EDM Riotorto (11.30) e o Infantil C, na casa da ED Lourenzá-Mondoñedo (10.30).



En Autonómica, Cadetes e Infantís recibirán a estrutura do Parrulo FS o domingo, ás 17.00 e 18.30 horas. Na xornada matinal, a Liga Prebenxamín da Mariña da Fundación Imdecum reunirá en Vista Alegre a ED Burela FS e AD Praia de Covas (11.45 horas).




Liga Autonómica Cadete



CD Burela FS-Maren O Parrulo FS
Domingo 16 de febreiro, ás 17.00 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela



Liga Autonómica Infantil



ED Burela FS-O Parrulo FS
Domingo 16 de febreiro, ás 18.30 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela



Deporte Escolar



ACD Xove Cadete-CD Burela FS Cadete B
Venres 14 de febreiro, ás 19.15 horas, no pavillón municipal de Xove



CD Burela FS Cadete B-EDM O Valadouro Cadete
Sábado 15 de febreiro, ás 10.00 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela



EDM Riotorto Infantil - ED Burela FS Infantil A
Sábado 15 de febreiro, ás 11.30 horas, no pavillón de Riotorto



ACD Xove Infantil-ED Burela FS Infantil B
Venres 14 de febreiro, ás 18.15 horas, no pavillón municipal de Xove



ED Burela FS Infantil B-Viveiro FS Infantil
Sábado 15 de febreiro, ás 12.00 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela



ED Lourenzá-Mondoñedo Infantil-ED Burela FS Infantil C
Sábado 15 de febreiro, ás 10.30 horas, no pavillón municipal de Lourenzá



Liga Prebenxamín da Mariña



ED Burela FS-AD Praia de Covas (Prebenxamín 1)
Domingo 16 de febreiro, ás 11.45 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela



ED Burela FS Prebenxamín 2-Descansa

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.