06/02/2014
Juanlu Alonso, nas Xornadas Teórico-Prácticas do Comité Galego de Adestradores (A Coruña, sábado 8)
O técnico laranxa Juanlu Alonso participará este sábado, 8 de febreiro, nas Xornadas Teórico-Prácticas de Fútbol Sala que organiza o Comité Galego de Adestradores en colaboración coa Universidade da Coruña.
O adestrador do CD Burela FS Pescados Rubén clausurará ás 13.00 horas unha mañá de relatorios nas que tamén estarán presentes Xabi López e Diego Ríos, preparador físico e técnico do Azkar Lugo FS respectivamente.
A presentación será ás 10.00 da mañá no Pavillón de Deportes do Campus de Elviña; a entrada será gratuíta.
Categorías
- Actualidade
- Reportaxes
- Equipo masculino
- Equipo femenino
- Pioneiras
- Historia
- Turismo
- Educación
- RSC
- Institucional
- Patrocinadores
Reportajes
Noticias destacadas