27/01/2014

A Terceira laranxa empata na pista do Troula FS (4-4)

A Terceira laranxa empata na pista do Troula FS (4-4)

O Burela FS Pescados Rubén B regresou con 1 punto da súa visita á pista do Troula FS na 15ª xornada de Terceira División. Con certas dificultades para meterse no partido, o cadro de Iván Cao, Lucas, conseguiu remontar na segunda parte un electrónico que lle daba a benvida ao descanso con 3-1 en contra.



O equipo da Mariña tardou en atoparse cómodo na cancha betanceira. O estado esvaradío da superficie provocou a desconcentración dos burelaos en boa parte do primeiro período. No entanto, e con 3-1 desfavorable, os laranxas souberon reaccionar para tomar as rendas do encontro ata chegar ao 4-4 e incluso con méritos para máis.



O quinteto inicial burelao estivo configurado por Javi, Keko, Manu Jiménez, Bruno de Nois e Alemán; tamén xogaron Aitor, Xoel, Pancho, Antón González e Hélder. Os tantos laranxas tiveron como autores a Manu, por partida dobre, Bruno de Nois e Hélder. Este último foi expulsado na recta final, ao recibir a segunda amoestación amarela.



Os pupilos de Lucas volverán repetir como visitantes o próximo sábado, coa Estrada FS, rival que pelexa por empoleirarse aos postos de podio.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.