Actualidade
Madrid e Murcia loitarán polo cetro nacional
Galicia e Rexión de Murcia amosaron desde moi pronto a súa candidatura á final para acompañar a Madrid, vencedora no primeiro duelo (4-1) ante A Rioxa. Sen especular, galegas e murcianas xogaron un encontro de poder a poder no que o acerto das porteiras impediu que o marcador se movese durante o primeiro periodo.
Na segunda parte desatáronse completamente a hostilidades cun ritmo frenético en ambas escuadras. Murcia abriu o marcador nos primeiros compases por mediación de Pepa que comezou o seu recital, marcou os 4 goles murcianos, pero inmediatamente chegou a resposta galega. María Romero nunha nova mostra da súa tremenda clase e calidade conseguiu o 1-1, tras un potente zurdazo que fulminou a meta murciana.
Sen apenas respiro, Candea aproveitou a súa verticalidade e logrou situar a Galicia por diante no marcador (2-1). Tralo intenso intercambio de golpes o encontro entrou nunha dinámica máis tranquila ata que emerxeu a figura de Pepa. A murciana respondeu ao envite galego cun potente e inapelable disparo que igualaba a contenda (2-2).
O xogo transcorría sen un claro dominador cara ao desenlace final e unha vez máis apareceu Pepa en escena destilando o seu tarro das esencias. Nunha acción individual marcaba o 2-3, minuto 36, que obrigou a Galicia a apostar polo xogo de cinco. Non lograban as galegas a igualada e Pepa acaparou todo o protagonismo cun cuarto tanto (2-4) sentenciando o encontro e guiando a Murcia á gran final.
Semifinal Madrid-A Rioxa. Na primeira semifinal, Madrid impúxose con claridade (4-1) á Rioxa grazas á súa maior efectividade na definición. O duelo camiñou pola senda da igualdade a pesar do tanto logrado Sofía que adiantaba a Madrid no minuto seis. Co 1-0 mantívose a dinámica e ambas seleccións xeraban perigo ao seu rival pero sen acerto na definición. Con este marcador chegouse ao descanso e na continuación as madrileñas demarraron nada máis empezar con dous goles, asinados por Hova e Paula Llorente (3-1).
A once para o final, A Rioxa intentou cambiar o devir do choque con porteira xogadora aínda que o 3-1 chegou nunha contra que Ángela definiu con determinación. Madrid soubo defender a súa renda e redondeou nos últimos segundos o seu pase á final co 4-1 logrado por Paula Llorente.
Categorías
- Actualidade
- Reportaxes
- Equipo masculino
- Equipo femenino
- Pioneiras
- Historia
- Turismo
- Educación
- RSC
- Institucional
- Patrocinadores
Reportajes
Noticias destacadas