25/01/2014

Desafío de altura

O Burela Pescados Rubén pecha a primeira volta visitando a pista do AD Alcorcón FSF, un duelo nas alturas da Primeira División. O encontro entre galegas e alfareras dispútase o domingo 26, 12.30 horas, no pabellón municipal Santo Domingo de
Desafío de altura
O vixente campión quere dar un golpe de autoridade en Santo Domingo e así poder abrir unha maior brecha cun serio aspirante ao título. Un triunfo laranxa pecharía unha primeira volta excelente. O técnico burelés, Quico Otero, lóxicamente espera un partido “moi complicado ante un gran rival que chega doído a este encontro trala súa derrota en Alacante. Non pode permitirse o luxo de ceder máis puntos para non verse descolgado na loita polo título”. A este desafío de titanes, o Burela Pescados Rubén chega mellor situado aínda que “nós temos a mesma esixencia por conquistar os tres puntos, é o noso obxectivo. Debemos manter a liña de progresión que estamos levando para ter opcións de gañar en Alcorcón que é un conxunto de calidade, con gran actitude competitiva e con variantes tácticas que nos obrigan a unha concentración máxima”.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.