22/01/2014

A Liga descansa e España afronta un novo desafío continental

O Burela Pescados Rubén tómase un respiro competitivo debido ao parón da Primeira División LNFS motivado pola Eurocopa 2014. A selección española afronta en Bélxica, do 28 de xaneiro ao 8 febreiro, un novo desafío en defensa do cetro europe
A Liga descansa e España afronta un novo desafío continental
O Burela Pescados Rubén gozará dunha semana de descanso activo desde o 20 ata o 27 de xaneiro, data na que reiniciarán os adestramentos. Os pupilos de Juanlu Alonso retomarán a competición o martes 4 de febreiro, 20.00 horas, coa eliminatoria -partido único- ante o O Parrulo Ferrol, encontro de cuartos de final da Copa Xunta. O sábado 15 de xaneiro reiniciarán a competición liguera en Vista Alegre, 18.30 horas, ante o Umacón Zaragoza. Copa do Rei. O martes 18 de febreiro o Burela Pescados Rubén recibe ao Ríos Renovables Ribera Navarra en Vista Alegre, 20.30 horas, choque correspondente á eliminatoria -partido único- de cuartos de final da Copa do Rei.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.