08/01/2014

Daniela Montoya reforza ao Burela Pescados Rubén

O Burela Pescados Rubén refórzase coa incorporación de Daniela Montoya Quiroz, xogadora colombiana de 23 anos, que foi presentada na oficina do club acompañada polo presidente, Manuel Blanco Fanego. Daniela Montoya afronta o seu primeiro de
Daniela Montoya reforza ao Burela Pescados Rubén
Tras chegar o sábado día 4 de xaneiro a Burela, Daniela incorporouse á dinámica do equipo e está en disposición de entrar na convocatoria ante o Gironella. “Tiven un recibimento agradable que me está facilitando moito a integración, as compañeiras estanme axudando moito e estou moi ilusionada con debutar coa camiseta do Burela”. Daniela ten unha gran proxección e ante as ofertas de España e Italia acabou decantándose pola opción do Burela Pescados Rubén “porque é unha referencia no fútbol sala. É un club organizado e serio. Ademais é o actual campión de Liga e Copa, estou moi feliz de elixir o Burela Pescados Rubén, equipo ao que seguín desde Colombia e do que teño moitas e boas referencias”.

Daniela Montoya compatibilizaba en Colombia o fútbol e fútbol sala “porque alá non existe unha liga organizada como en España, que conta cunha estrutura competitiva máis profesional nesta modalidade deportiva”. Natural de Medellín (Antioquia), a nova xogadora burelesa chega procedente de Club Deportivo Formas Íntimas da súa cidade natal, entidade de prestixio en Colombia tanto pola súa vertente deportiva como pola súa vocación social. No Burela Pescados Rubén, a á pivot colombiana lucirá o dorsal 16 e espera poder debutar canto antes “é a miña maior ilusión, xogar para axudar ao equipo a conseguir os seus obxectivos”.

O presidente do club, Manuel Blanco, agradeceu a Daniela elixir ao “Burela Pescados Rubén como destino para continuar a súa traxectoria deportiva. É un reforzo de garantías para o equipo e esperamos que se integre rápido para axudar ás súas compañeiras nas consecución dos obxectivos” engadindo que “é un orgullo para o club que Daniela sexa a primeira deportista colombiana da nosa historia. Seguro que grazas á súa presenza en Burela, en Colombia seguirannos agora con maior interese e entusiasmo”.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.