03/01/2014

Rebeldía en Palacio

O Burela Pescados Rubén comeza o ano dando a campanada ao vencer a ElPozo Murcia (3-4) no Palacio dos Deportes, inexpugnable ata a data. Triunfo histórico do conxunto mariñao nun dos coliseos do Fútbol Sala internacional que foi testemuña d
Rebeldía en Palacio
Na primeira fase do encontro e tras varios intercambios de golpes, os locais lograron adiantarse no marcador cun gol de Álex pero o Burela, lonxe de amedrentarse, soubo plantar cara a ElPozo e logrou sobrepoñerse ao 1-0. Realizando unha gran presión e cun xogo intelixente, os bureleses conseguiron remontar antes do descanso con goles de Burrito (1-1) e do killer burelés, Matamoros (1-2).

No segundo capítulo, o Burela Pescados Rubén conseguiu amainar o envite murciano e facía dano cos seus contragolpes a un conxunto local que non se atopaba cómodo na pista. Os bureleses puideron aumentar a renda pero Rafa evitouno en varias ocasións. Co 1-2 chegouse ao tramo final cando Duda apostou polo xogo de cinco que tantas veces lle deu réditos.

Minutos de tolemia, incerteza e emocións. O primeiro en acertar foi o Burela que por mediación de Burrito que facía o 1-3, pero a resposta murciana chegou a través de Raúl Campos que con dous goles igualaba o choque (3-3) a falta tres minutos para o desenlace. A imbatibilidade do Palacio estaba en xogo e sen medo o Burela tamén buscou o triunfo con porteiro xogador. A cinco segundos para o final, Mimi certificou a histórica vitoria do Burela Pescados Rubén no coliseo murciano.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.