03/01/2014

Calendario Laranxa 2014

O ‘Calendario Laranxa’ volve aos fogares mariñáns en 2014 para amosar o Horizonte Laranxa e coar o espírito burelista representado nos equipos sénior, masculino e feminino, o filial e as categorías de base. Despois do éxito de vendas nos úl
Calendario Laranxa 2014
O ‘Calendario Laranxa 2014’ inclúe a axenda ligueira dos equipos sénior, tanto da Primeira División LNFS coma da RFEF, así coma un mosaico de fotos das categorías de base nas páxinas centrais. A xoiería burelá Kessarys recibe o novo ano xunto a Antoñito e Lara. A tempada do CD Burela FS Pescados Rubén transcorre cos xogadores e xogadoras en divertidas situacións, no Ximnasio Breogán, Concello de Burela, Alain Affelou Óptico, Bar Sitio, Centro de Dietética e Nutrición Alba Vila, Frenos Carpe, Pescados Rubén, confitería mindoniense La Alianza, Living Sport e Duplex Bar de Copas. Quico Otero e Mimi despiden o 2014 dende a Bodega O Lagar onde podes atopar infinidade de produtos de calidade e autóctonos coma a cervexa Dama Alaricana.

O CD Burela FS agradece a colaboración prestada por estes negocios para a realización do Calendario Laranxa 2014, con deseño e fotografía de A Caixa Escura Producións e impresión de Gráficas Arfe.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.