27/12/2013

Anaitasuna non perdoa

Demasiado castigo o recibido polo Burela Pescados Rubén en Anaitasuna onde caeu derrotado por 5-2 ante o Magna Navarra. O duelo no feudo navarro non decepcionó desde o punto de vista do espectáculo e víronse goles de fermosa factura. En esp
Anaitasuna non perdoa
O Burela Pescados Rubén foi mellor nun primeiro periodo no que os locais cederon media pista aos galegos para buscar o contragolpe. No primeiro despiste laranxa chegou o 1-0 logrado por Carlitos. A resposta chegou por mediación do killer laranxa, Matamoros, que arrincou a admiración dos afeccionados ao Fútbol Sala cunha obra de arte memorable. O empate propiciou o mellor momento dos bureleses que desarbolaron ao Magna Navarra pero pecaron de inxenuidade na definición, deixando escapar vivo a un conxunto local que tivo a fortuna do seu lado para marcar o 2-1 ao bordo do descanso, tras un remate de cabeza que golpea en Mimi e ante o que Alex nada puido facer.

Na continuación, o tempraneiro gol de Carlitos (3-1), tras aproveitar un rexeite nunha falta ao bordo do área, supuxo un duro golpe na liña de flotación laranxa que caeu nas redes dos navarros. A raíz do 3-1, os mariñaos xogaron con máis corazón que cabeza e os pamplonicas castigaron cunha xogada de estratexia que definiu Carlitos, logrando o seu terceiro tanto da noite. Buscou a heroica o Burela con porteiro xogador pero unha perda foi aproveitada por Marc Tolrá para subir o 5-1 e Matamoros pechou o partido co 5-2 tras un zurdazo inapelable.

Ficha técnica

Magna Navarra: Asier, Marc Tolrá, Jesulito, Roberto Martil, Rafa Usín –cinco inicial- Víctor Arévalo, Iñigo, Dani Saldise, Carlitos.

Burela Pescados Rubén: Alex, Isi, Antoñito, David, Matamoros –cinco incial- Mimi, Iago Míguez, Hugo, Christian, Juanma.

Goles: 0-1, m.5, Carlitos; 1-1, m.14, Matamoros; 2-1, m.19, Mimi (p.p.); 3-1, m.23, Carlitos; 4-1, m.35, Carlitos; 5-1, m.37, Marc Tolrá; 5-2, m.39, Matamoros.

Árbitros: Gutiérrez Lumbreras, Lope Díaz.

Incidencias: Partido correspondente á xornada 17 de Primeira División. Pavillón de Anaitasuna.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.