21/12/2013

Matamoros ilumina o camiño da vitoria

O Burela Pescados Rubén despídese de Vista Alegre en 2013 cunha vitoria por 4-1 ante o Peñíscola Bodegas Dunviro.
Matamoros ilumina o camiño da vitoria
O conxunto galego comezou o encontro de forma fulgurante e aos tres minutos xa vencía por 2-0 con sendos goles de Matamoros. Un zarpazo do killer mariñao supuxo o 1-0 e acto seguido transformou un penalti realizado por Gus ao propio Matamoros. Sen case darse conta os levantinos debían afrontar un 2-0 que golpeou a súa liña de flotación. Os bureleses levaban o tempo do encontro pero non lograban aumentar a súa renda ante un Peñíscola que comezou a repoñerse do varapalo inicial e a chegar con maior perigo á meta local. Juanqui acurtou distancias e co 2-1 chegouse ao descanso.

Na segunda parte, as imprecisións apoderáronse do xogo e as ocasións escaseraron. O maior perigo visitante chegaba en potentes disparos de media distancia que Edu lograba anular con seguridade. No tramo final, Iago Míguez decantó o choque co 3-1 e o Peñíscola apostou polo xogo de cinco sen éxito. Isi puxo a guinda cun golazo, tras un recorte sutil que sentou aos seus rivais marcou o 4-1 final.

Ficha técnica

Burela Pescados Rubén: Edu, Isi, Antoñito, Hugo, Matamoros ?cinco inicial- Burrito, Iago Míguez, Juanma, Mimi, Christian.

Peñíscola Bodegas Dunviro: Gus, Uge, Charly, Juanqui, Anós ?cinco inicial- Gonzalo, Contreras, Solano, Asensio, Míchel.

Goles: 1-0, m.3, Matamoros; 2-0, m.3, Matamoros (pen.); 2-1, m.16, Juanqui; 3-1, m.35, Iago Míguez; 4-1, m.38, Isi.

Árbitros:Gallo Suárez, Velasco Martínez. Cartóns amarelos a Uge, m.36, e Solano, m.37.

Incidencias: Partido correspondente á xornada 16 da Primeira División da LNFS. Pavillón Vista Alegre de Burela, 1000 espectadores. Gardouse un minuto de silencio polo falecemento de Néstor Valle, pai de Néstor Valle xogador da canteira laranxa. No descanso do encontro realizouse a entrega de trofeos do Torneo Nadal Mariñán 2013, organizado pola Fundación Imdecum.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.