19/12/2013

O Burela B pecha o 2013 visitando ao Carballiño

O Burela B Pescados Rubén pecha o ano 2013 visitando a pista do Carballiño FS, duelo correspondente á xornada 12 da Terceira División. Os mariñaos ocupan a novena praza con 16 puntos mentres que o Carballiño FS é décimo con 12.
O Burela B pecha o 2013 visitando ao Carballiño
O duelo preséntase como unha boa ocasión para os pupilos de Iván Cao para distanciar ao seu inmediato perseguidor. A pesar do último revés o conxunto burelés chega con “con confianza para lograr unha vitoria e despedir o 2013 con bo sabor. Sabemos da dificultade do envite xa que o Carballiño é un equipo con xente experimentada e de calidade como Edu, un referente no fútbol sala galego. Por motivos laborais, é un equipo que amosa dúas caras diferentes por iso a súa clasificación non reflicte o seu verdadeiro potencial. Como visitante descende o seu rendemento pero no seu feudo son moi difícil de bater”. En referencia ao seu equipo Iván Cao está “satisfeito pola liña de traballo nos adestramentos pero debemos competir mellor xa que é unha Liga esixente”. Manuel Jiménez é baixa por sanción para o duelo.

Terceira División

Carballiño FS - CD Burela Pescados Rubén B

Domingo 22 de decembro, 11.30 horas, no pavillón Paco Chao de Carballiño.

Liga Autonómica Infantil

CD Mare Nostrum – ED Burela FS

Domingo 22 de decembro, 18.00 horas, no pavillón municipal de Cambre.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.