11/12/2013

Jatay Sportwear coa canteira laranxa

Jatay Sportwear aposta polo deporte de base patrocinando ao equipo cadete do CD Burela FS Pescados Rubén durante as tempadas 13/14 e 14/15. Ademais ofrece aos socios do club a oportunidade de gozar dun 20% de desconto nas súas tendas de Bur
Jatay Sportwear coa canteira laranxa
O presidente do club, Manuel Blanco, visitou a tenda de Jatay Sportwear de Burela acompañado dos xogadores laranxas; Aarón e Mini, para agradecer a implicación de Jatay co deporte base á coordinadora de tendas; Elena Armada e a responsable en Burela, Cristina Gómez.

A tenda de Jatay Sportwear Burela, situada na céntrica Praza da Mariña de Burela, abriu as súas portas o 14 de maio de 2011 para ofrecer unha gran variedade de estilos en roupa e calzado masculino. Jatay Sportwear é unha tenda dinámica e alegre que sempre está en contínua evolución para mostrar o mellor da tempada, a prezos moi competitivos.

Nenos, adolescentes e adultos atoparán en Jatay o seu estilo, tanto en roupa deportiva e informal como para as súas mellores ocasións. Entre outras marcas, en Jatay Sportwear terás firmas de calidade como Jack Jones, Outfitter Nation, Selected...

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.