23/11/2013

O Burela cae derrotado na súa visita a La Salobreja

O Burela Pescados Rubén caeu derrotado por 4-0 na súa visita a La Salobreja ante un Xaén Paraíso Interior que aproveitou mellor as súas ocasións.
O Burela cae derrotado na súa visita a La Salobreja
Durante o primeiro periodo os locais exerceron unha presión alta a un Burela que lograba liquidala con facilidade, pero esa claridade na saída do xogo transformábase en escuridade á hora de materializar as ocasións. O Burela Pescados Rubén perdoou en exceso e ao descanso chegouse sen goles. Na continuación, o partido rompeuse a favor dos andaluces nos primeiros cinco minutos. Sergio, Yoni e Miguelín asestaron un golpe tras outro para situar un 3-0 sorprendente tralo visto no periodo inicial. O conxunto galego buscou a remontada e gozou de ocasións para engarcharse ao partido pero os paus, Prieto que ata detivo un penalti, e a escasa puntería laranxa impediron atisbar a remontada. Lolo Jarque redondeou a vitoria xienense (4-0) nos instantes finais do partido. Ficha técnica: Jaén Paraíso Interior: Prieto, Jorge Bellver, José López, Lolo Jarque, Montes –cinco inicial- Miguelín, Ureña, Buendía, Sergio García, Yoni. Burela Pescados Rubén: Alex, Iago Míguez, Isi, Hugo, Matamoros –cinco inicial- Mimi, Antoñito, David, Juanma. Goles: 1-0, m. 22, Sergio García; 2-0, m. 23, Yoni; 3-0, m. 25, Miguelín; 4-0, m.40, Lolo Jarque. Árbitros: Cordero Gallardo, Linares López. Amonestaron con cartón amarelo a Jorge Bellvert, Lolo Jarque e Sergio García no Jaén. E polo Burela viron o cartón amarelo Hugo, Matamoros, Mimi e David. Incidencias: Partido correspondente a la 12ª xornada da Primeira División.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.