19/11/2013

Lidia Mesías e Peque defenderán a España no Campionato do Mundo (13-21 decembro)

Lidia Mesías e Peque defenderán a España no Campionato do Mundo (13-21 decembro)

Tan só catro días despois do regreso da Vermella dos Azores, o CD Burela FS Pescados Rubén recibiu a convocatoria da Selección de España destinada a Lidia Mesías e Peque para participar no IV Campionato do Mundo de Fútbol Sala Feminino, que se disputará en terras españolas, en Alcázar de San Juan e Cidade Real entre o 13 e o 21 de decembro.



As xogadoras laranxas, que xa tiveron a oportunidade de prepararse co combinado de Venancio López esta tempada, terán o premio de defender a España. Mentres que para Lidia Mesías este será o seu primeiro compromiso mundial, a laranxa Peque repetirá experiencia tras la edición de 2012, en Portugal.



A Cidade das Rozas acollerá a concentración previa da selección dende o 1 de dicembro. Completan a convocatoria:



Porteiras:
 
Vanesa Barberá Martínez “VANE”                   PONTE OURENSE
Belén De Uña Marzo “BELÉN”                         AT. MADRID NAVALCARNERO
Jennifer Pedro De Blas “JENNY”                     AT. MADRID NAVALCARNERO



Peches:



Patricia Chamorro González “CHAMORRO”          FSF MÓSTOLES
Isabel García Carrión “ISA GARCIA”                      AD ALCORCÓN FSF
Lucía Nespereira Gómez “LUCÍA”                        VIAXES AMARELLE F.S.




Alas:



Leticia Sánchez Martín “LETI”                       AT. MADRID NAVALCARNERO
Ana Sevilla Luján “ANA LUJÁN”                      AT. MADRID NAVALCARNERO
Berta Velasco Casals “BERTA”                        F. S. GIRONELLA
Amparo Jiménez López “AMPARO”                ASD TERNANA FUTSAL (ITALIA)
Cecilia Puga Tejero “CECI”                             POIO PESCAMAR F.S.




Pívots:



Natalia Flores Sanz “NATALIA”                         AT. MADRID NAVALCARNERO

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.